Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Marín Formoso, Xaquín (Xaquín Bieito Marín Formoso)
Nace o 10 de outubro de 1943 en Ferrol. Aínda que a súa vocación inicial era a pintura, unha rápida evolución deu con el na banda deseñada e o humor. A comezos dos anos setenta comezou a publicar banda deseñada na revista Chan, que se facía en Madrid, e en 1975 publicaba o primeiro álbum da historia da banda deseñada galega, 2 Viaxes , a medias con Patiño. Despois derivou cara ao humor gráfico.
Fundador e director do Museo de Humor de Fene desde 1984, membro fundador de FECO España, membro da Academia de Humor de Pozuelo (Madrid) e profesor Honorífico de Humor da Universidade de Alcalá de Henares.
Charlas, conferencias e cursiños por toda Galicia, Acarigua (Venezuela), Cáceres, Caracas, Lepe, Madrid, Porto, Pozuelo, Segovia...
Participación en numerosos libros colectivos, ilustracións, carteis, pegatinas, camisetas, postais, pratos, pins, marcalibros, etc...
Publicacións
- Tartaruga. Xiz de Cor. Baía Edicións, 2007.
- O Peixe de Pedra (con Ramón Loureiro). Ed. A Nosa Terra, 2005.
- Malfeito, bufón. Ed. Casals. Barcelona, 2003.
- Imos coñocer o humor. Inédito. Unidade Didactoca, 2002.
- Trinta e tantos con Xaquín Marín. Ed. propia. Ferrol, 2001.
- Humor líquido, o caso galego. Ed. Museo do Humor, 2000.
- Dragón Rock. Ed. Casals. Barcelona, 1999.
- Feito a man. Ed.Cons. de Cultura. Santiago, 1997.
- Cen Pés. Ed. do Castro. Sada, 1996.
- O A.B.C. do cómic. Baía Edicións. A Coruña, 1995.
- Xunta e revolta. Ed. Presid. Xunta. Santiago, 1989.
- O home que falaba arameo (con R. Patiño) Sada, 1988.
- Debuxos de Humor (con Siro López) Pontedeume.
- Gaspariño 2. Xerais. Vigo, 1982.
- Dos pés á testa. Galaxia. Vigo, 1980.
- Alcacén para gaitas. Ed. do Castro. Sada, 1980.
- Gaspariño. Ed. do Rueiro. A Coruña, 1978.
- Ratas. Ed. 3, 14, 17. Madrid, 1977.
- 2 viaxes (con R. Patiño). Ed. Brais Pinto, Madrid 1975.
Obra en museos
- Sorriso de Prata. Silleda, 2002.
- Museo Carlos Maside (Sada).
- Museo do Humor (Fene).
- Museo de Pontevedra.
- Museo de Quiñónes de León (Vigo).
- Universidade de Alcalá de Henares.
- Fundación Simavi (Estambul).
- Museo de Humor (S. Antº de los Baños-Cuba).
- Club de Humor (Odessa)
- Casa do Humor e a Sátira (Gra-vobo-Bulgaria)
- Museo del Humor (Acarigua-Venezuela)...
Premios
- Caveira do Samaín. Cedeira, 1999.
- Asociacións Culturais de Carballo 1998.
- Galego do ano 1997.
- Galicia de Comunicación 1996.
- Ourense 91/ Banda deseñada. Ourense, 1991.
- Vieira de Humor 1983, Madrid.
- 1º Premio Bienal de Grávobo- Bulgaria, 1987.
- Galicia de Xornalismo 1984, 1989, 1997, Santiago.
- Paleta Agromán 1982 e 1991. Madrid.