Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Carou Figueira, Natalia

Naceu en Boiro, en 1974. Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña e na actualidade compaxina o seu traballo como asesora empresarial coa paixón pola lectura e a escritura.

As súas novelas, O alento nas costas ( Baía Edicións, 2012) e A cova da Moura ( Baía Edicións, 2017) destinadas ao público xuvenil, desfrutaron dunha magnífica acollida entre o alumnado de diversos institutos de secundaria e bacharelato.

O mal querer, a súa terceira novela escrita en galego, resultou gañadora do Premio de Novela Vilar Ponte ( 2019). O xurado destacou sobre a mesma: << Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto, se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector>>.

Publicacións

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.