Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Vidal Ponte, Roi

Licenciado en Filoloxía Galega e en Dirección de Escena. Escritor, músico e director e profesor de teatro.

Finalista en 2008 do II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) coa peza Último Capítulo.

En 2012 obtivo o Premio Concello de Carral co poemario Teatro. En 2014 publicou unha biografía de Roberto Vidal Bolaño titulada Fóra de Portas (Edicións Positivas). Ten publicadas numerosas pezas de teatro en revistas especializadas e edicións colectivas. En 2016 recibiu unha axuda ao desenvolvemento de dramaturxias actuais por parte do INAEM, cuxo resultado foi a escrita do texto O asasinato de Zinaida Reich (2016).

Crítico e estudoso do feito teatral en medios como Vieiros, Faro de Vigo, Protexta ou Praza Pública, actualmente colabora no magacine de crítica teatral da Revista Galega de Teatro.

En 2016 gaña o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) coa obra Marcha fúnebre para un monicreque.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.