Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Gracián, Ánxela

Nace en San Paio de Arcos (Castroverde) o 1 de marzo de 1968. Licenciada en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, escritora, tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural.

En 2004 comezou a traballar en Sotelo Blanco Edicións. Tamén foi vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix), coordinando actividades como o Club de Lectura “Gálix tendendo redes”, que trazou unha panóramica sobre a literatura xuvenil.

Un día, hai xa uns cantos anos, os meus ollos ávidos de coñecemento viaxaron ao Sur da China, ata ese pequeno territorio habitado pola etnia zhuang, nas beiras do río Li. A guía turística ofreceunos unha visita aos arrozais para coñecer o modo de vida do campesiñado. Nunha das aldeas un home octoxenario, que ben podería terse chamado Wei Su, movido talvez pola necesidade de gañar uns cantos yuans, ou non, nunca o saberei, colleume da man con amabilidade e levoume a visitar a súa precaria vivenda. Sobre a súa cama de ladrillo, colgada dunhas cordas, estaba un cadaleito de madeira decorada no que, segundo me dixo, desexaba ser soterrado nunhas exequias dignas. Os nosos ollos encontráronse e a súa mirada fonda de ser de terra guioume todos estes anos de documentación e busca para poder contar a “súa historia”.

Ademais de viaxar e escribir libros para rapazas e rapaces cando o tempo libre mo permite, traballo na Xunta de Galicia, como tradutora, profesión que tamén me apaixona, sobre todo cando o texto a traducir é literario e a arte de vertelo á miña lingua se converte nunha gran lección de literatura.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.