Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Ríos, Eli

Eli Ríos naceu en Londres en 1976. Ao pouco tempo regresou ás terras de Ordes nas que pasou a súa infancia. Despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía, instalouse ao pé do Castro de Elviña.

Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega.

Gañou diversos premios literarios como o XL Premio Modesto R. Figueiredo en 2014, por Remexido de patacas, XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración de 2014, por Bicha, I Premio de Poesía Rosalía de Castro en 2015, por Café intenso, XXVIII Premio Torrente Ballester 2016, por Luns, ou IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente en 2017, por Culpable.

Autora polifacética que ten publicado libros de poesía, narrativa infantil-xuvenil e novelas para adultas, entre as que destaca a obra colectiva Entre donas.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.