Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Leira Castro, Rocío
Matemática de profesión, dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela.
Recibiu diversos premios como o Díaz Jácome para novos creadores, o Manuel María de poesía, o premio de relato curto Antiguos Alumnos da USC, o premio de narración curta Concello de Marín, o Premio Ardeiro ou o Avelina Valladares.
No ano 2013 publicou a súa primeira obra, Universo Pitágoras, na editorial Biblos, á que seguirían O Becho que quería comer á avoa (2015, Galaxia), e os poemarios [Obituario] (2016, Concello de Negreira) e INEM (2016, Concello da Estrada).