Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Quintiá Pérez, Xerardo

Poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil.

En 1984 trasládase a Lugo para realizar estudos de Bacherelato, cidade na que reside dende entón. Está casado, ten un fillo e traballa como axente comercial. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou en revistas como Dorna ou Xistral.

Da man da editorial Galaxia publica o seu primeiro libro, “Finísimo po nas ás” (1997). Dous anos despois, tamén en Galaxia, ven a luz “Unha soa man e outros intres”( 1999) e, no ano 2001, “Un rabaño de ovellas brancas”. En Franka Editora publica “O libro dos aparecidos”( 2002). No ano 2012 volve á narrativa para adultos e de novo en Galaxia publica “Hotel Cidade Sur”, traducido ao castelán por Pulp Books. En maio do 2015 publica, en Galaxia, “O Viaxeiro Radical”. No eido da literatura infantil, na colección ARBORE da Editorial Galaxia, publica “A verdadeira historia do burro Feldespato” (2002) e, en 2007, na mesma colección edítase“Ke-Tumba Ke-Tamba”, finalista do premio Raíña Lupa. Para primeiros lectores escribiu “Titiritesa”, publicado por OQO Editora (2007) e traducido ás principais linguas europeas . Como poeta ten publicado “Ailalalalelo de auga”, Do4 Edicións (2001); “Poesía en Ruta”, premio Fermín Bouza Brey, Espiral Maior 2007; "FORNELOS & FORNELOS, primeira fundación", premio Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior (2011). "FORNELOS & FORNELOS, segunda fundación", premio Eusebio Lourenzo Baleirón, Sotelo Blanco (2016): "FORNELOS & FORNELOS, terceira fundación", premio Lueiro Rey, Xerais (2019).

Gañador do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade co libro "O país do Gran Furado".

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.