Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Torrado, Patricia

(Baroña - 1987) Licenciada en filosofía pola USC, museóloga pola UAH, experta en conservación e restauración do patrimonio e xestora cultural, soñou dende pequena vivir entre libros, tintas, pinceis, trementina e acuarelas. Non hai nada como facer os soños realidade.

Cultiva o microrrelato, a poesía e os relatos curtos. 

 1º, 2º e 3º Premio de Microrrelatos (adultos) Día do Libro de Vilalba en 2019, 2020 e 2021 respectivamente, 1º Premio Manuel Murguía de Narracións Breves en 2020 por "Silencios náufragos", 1º Premio de Poesía Torre de Caldaloba en 2020 por "Herdar a fala" e Accésit de Narrativa no Certame Literario Manuel- Oreste Rodríguez López en 2020 por "Roxanne".

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.