Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración F. Carrodeguas, Esther

Actriz, directora, perfomer mais, sobre todo, escritora. Rianxeira de pura cepa, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. O seu estilo cabalga entre os lindes que separan os xéneros. Fundadora de Teatro da Falúa e directora de Teatro Airiños de 2011 ao 2019, en 2015 gaña o Premio Abrente coa peza Voaxa e Carmín, que desvela a historia de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as famosas Marías de Compostela. Este feito fará que se embarque xunto a Xavier Castiñeira na plataforma profesional ButacaZero, que se dá a coñecer ao ano seguinte estreando a peza no castelo de Ribadavia. Dende ButacaZero tentan desenvolver proxectos de creación que dialoguen co mundo que nos toca vivir. A maiores, segue a manter a súa faceta como docente, a súa colaboración coa erregueté e, por suposto, o seu traballo como profesional para compañías externas, sexa como directora, dramaturga, actriz ou guionista de cinema.

En 2020 gaña o XIV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) coa obra República Sideral.

 

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.