Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Lado, Marta

Nacida no Pindo (Carnota) en 1981 e criada en Fisterra. Nai desde 2019.

Breve currículo:

➢       Actriz titulada pola Esad de Galicia.

➢       Licenciada en Económicas pola Universidade de Vigo.

➢       Alumna da “Factoría do Guion” de Madrid. (2013-2014).

➢       Longametraxes: “Ons”, “Sicixia”, “Vilamor”.

➢       Teatro: “O Servidor de dous amos”, “Ubú Rei”, “Tartufo”, entre outros.

➢       Autora de textos teatrais:

  • “O crime da Orca Vella” (2021. Teatro radiofónico).
  • “Agora mandamos nós” (2018. Adaptación de “Asamblea de mulleres”, Aristófanes).
  • “A pouco coñecida e algo canalla versión fisterrana do entremés famoso sobre o conflito da pesca no río Miño tamén coñecido como a contenda dos labradores de Caldelas” (2017. Adaptación do entremés de Gabriel Feixó de Araújo).

➢  Guionista:

  • “Señora”(Curtametraxe, 2018).
  • “Dálle Jas”, (Webserie, 2014).
  • “Dinamo”(Curtametraxe, 2014).
  • “Sant&Company”(Curtametraxe, 2011).

➢       Escritora de monólogos e sketchs cómicos para teatro e televisión.

➢       Cursos de escrita con Santiago Cortegoso (2013), Carlos Molinero (2015), Eliseo Altunaga (2017).

➢       Colaboradora da revista “Eló!”.

➢       Recoñecementos como actriz: Premio “Mestre Mateo” Mellor actriz de reparto 2021; Premio “María Casares” Mellor actriz de reparto (2019); Festival Cinespaña de Toulouse , Mellor actriz (2016); Premio ibérico de interpretación Marta Sieiro (2009 e 2010).

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.