Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Barreira Freije, Andrea

Nace en A Fonsagrada no1986. Licenciada en xornalismo. Escritora de xénero fantástico. Ten publicados os libros Palabra de Bruxa, (Editorial Galaxia, 2018) e Non hai luz sen escuridade, (Urco Editora, 2015); relatos nas antoloxías colectivas como O libro dos libros (Editorial Galaxia), Contos do Sacaúntos. Romasanta o criminal (Urco Editora), entre outras; ademais, escribiu o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra, 2016/17), ilustrado por Ana Seoane. En 2020 colaborou cunha serie de microrrelatos para o suplemento "Máis" de Nós diario; en 2021 cun relato na mesma publicación.

Coordina diversos clubs de lectura na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago de Compostela) e na Biblioteca Pública Miguel González-Garcés (A Coruña).

Imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Taller Abierto_Gestión Cultural (Pontevedra) e en escolas, institutos, bibliotecas, feiras e eventos literarios.


O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.