Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Larvós, Uxío

UxioLarvos.jpg

Uxío Larvós (1976) naceu no Monte, ese territorio ubicuo do que son orixinarios, seica, todos os que habitan as periferias rurais de Vigo. De natural montesío, só deixou o reconfortante abeiro dos toxos e as xestas para emprender a súa particular conquista do pan. A exploración dese territorio desarborizado converteuno nun experto en precariedade laboral con grandes dotes para se converter no branco das iras de toda clase de camándulas con ínfulas de “persoa importante” (detrás da que se agocha, sen dúbida, a envexa que suscita a súa desbordante simpatía e esa axilidade natural coa que rube ás árbores e lisca polas ramas). Por aquilo de que o deixasen estar ao seu aire, deulle pola escrita e outros entretementos, o que o levou a gañar algúns premios de relato e o cabrito nun campionato comarcal de tute. A mona de Schrödinger é a primeira novela que publica. “Pobre daquel que sexa parco nas súas gabanzas” reza a maldición que pactou este tolo vingativo cunha meiga que se lle aparece polas noites na forma de curuxa.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.