Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Arcay Barral, Ángel
Ángel Arcay Barral (Betanzos, 1988) é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago e Mestre en Arquivos pola Universidade do Porto.
Tras ter traballado en diferentes arquivos de Galicia e Portugal ocupa, dende o verán de 2022, a dirección do Museo das Mariñas e do Arquivo e a Biblioteca Municipal de Betanzos, encargándose tamén de coordinar a publicación do Anuario Brigantino.
É autor dos libros O Parque do Pasatempo de Betanzos: narrativas para comprender un patrimonio profano, traballo merecedor do I Premio Masonería Aberta convocado polo IEMGAL e a Universidade de Vigo; Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza, onde transcribiu o receitario histórico de dúas das mulleres máis destacadas da Pontevedra do século XX; e, xunto a Yosune Duo e Jose Souto, do libro El Parque del Pasatiempo de Betanzos. Ademais ten coordinado outras obras como o libro de fotografías Octingenti ou a revista científica Casa dos Espellos.
Esta obra sobre a figura das mulleres espontaneadas ten recibido o VI Premio HUME de Investigación 2021.