Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Canosa, María

©Alejandro López

María Canosa Blanco é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, pero ademais da ciencia, está unida ás letras, nas que destacou desde ben pequena. Recibiu diversos premios literarios a partir do ano 1986, e publicou a súa primeira novela en plena adolescencia, Bramido Maino (1997), sobrepasando na actualidade os máis de corenta títulos. É unha das autoras galegas máis recoñecidas.

Na súa prolífica produción literaria combínanse obras de disciplinas diversas, como a poesía, a divulgación (científica e tamén en distintos ámbitos), o teatro, os álbums ilustrados ou narrativa, na que destaca a súa prolífica produción de textos para o público infanto-xuvenil, sen descoidar achegas á novela de adulto.

Entre as últimas publicacións destacan: Lobo Ramón (Oqueleo), As pombas de Bastián (Xerais), H2... Oh!!! (Galaxia), María Casares. A impaciencia por vivir (Bululú) ou Saínza. A punkiereteira (A costureira).

Entre os premios recibidos destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil (2017), o Premio Ciencia en Acción polo traballo desenvolvido no programa de televisión “Coma un allo” (2021), o Premio “Anisia Miranda de Teatro para a Infancia” (2022), o Premio Follas Novas á Mellor obra de Divulgación (2022), o Premio “Rosalía de Castro” de Lingua (2022) e o recente Premio de Literatura Infantil “Carlos Mosteiro” (2022).

Colabora en distintas actividades culturais (conferencias divulgativas, encontros co lectorado, actividades de animación á lectura, talleres de escrita...), e en varios medios de comunicación (como articulista, participante en parladoiros e tamén presentadora e guionista de programas culturais da TVG).

Menos
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.