Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Vidal, Francisco Antonio

Francisco Ant. Vidal (Palmeira,1957). Colaborador en distintos medios de prensa dende 1977. Obtivo, entre outros, os premios literarios de narrativa do concello de Vilalba en 1992 e 1997, o Olisbos de narración infantil en 1993, o Avilés de Taramancos de Noia en 2003, o Pastor Díaz de Viveiro en 2003, o Terra de Melide en 2005, o Laudamuco de teatro en 2021 e o “Sereo” á labor cultural na Barbanza en 2017.

Ten publicado as novelas Ollos de Anxo da Morte, A luz da eclipse, O cuarto dos ausentes, A derradeira decisión, O botín da inmortalidade, Os chanzos da escada, Os pecados capitais, As deusas do Calvario, O coitelo de pedra fundida e Principio de exclusión. En ensaio publicou as obras Murguia, Murguía as letras e a historia, Textos en galego de Murguía e Dos fastos ós festexos (En colaboración con Rosa B. Vizcaya). En teatro publicou as pezas A serea e A vinganza de Fortimbrás.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.