Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Pillado, Ana
(A Coruña, 1971) é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2006 exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura no ensino secundario público.
No ámbito literario, é autora de Fábula Mater, poema en 12 actos, dos contos da colección 'Lila Lilaina' (Azul e Rosa, Carlota e o príncipe azul e Roi quere ser mamá) e da novela En efecto bolboreta.
No eido das artes, ten desenvolvido unha extensa traxectoria como ilustradora, pintora e ceramista. Nos últimos anos está interesada na experimentación coa arte téxtil. Curiosamente, en toda a súa bagaxe artística, nunca logrou captar a esencia gatuna. Vai ti saber se por mor da alerxia ao epitelio dos gatos... mágoa...