Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración González Pillado, Gaila
(A Coruña, 2008) cursa 3.º da ESO. Dende ben cativa ten moita querenza polos gatos, sen dúbida os seus animais predilectos, cos que sente unha especial conexión. Gústalle xogar con eles e observalos. Coñece a súa anatomía, os seus xestos e brincadeiras. E fai uns magníficos debuxos de gatos.
Ambas, nai e filla, teceron conxuntamente as ilustracións desta gatucada, nun xogo creativo de mutua aprendizaxe e crecemento a través do que compartiron inventiva, cores e risos.