Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración José Luís Baños de Cos

José Luis Baños de Cos (Xerez da Fronteira, 1977)

 

Licenciado en Dereito e Antropoloxía Social, cursou estudos sobre teatro social e teatro do oprimido. É autor da obra O faiado, da compañía Ó Cubo Teatro, A espera, de Titereficcións, e de Suit(e) up, de Fanfarra Teatro. Como dramaturgo nos últimos anos obtivo varios premios teatrais entre os que destacan o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018) con O círculo, o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019) con Asfixia, o Premio Roberto Bolaño (2020 e 2022) con A cámara escura e con Lume, o Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro (2021) con O neno que se agochaba dentro dunha caixa de galletas, ou o Premio teatral Varela Buxán (2021) con Segunda morte.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.