Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Romero Masiá, Rafael

Nace en Santiago de Compostela en 1953. É licenciado en Belas Artes pola Facultade Santa Isabel de Hungría de Sevilla.

Realiza posteriormente estudios de paisaxe en Segovia e, en Italia, de grabado e pintura. Desde 1982 é Profesor Numerario de Debuxo Artístico na Escola de Arte de Santiago de Compostela. Recibiu numerosos premios, exposicións, ilustracións e diversas participacións en ferias.

Publicacións

  • Ilustración da portada de A Coruña liberal 1808-1874, de Ana Romero Masiá. Baía Edicións, 2005.
  • Ilustración da portada de O orballo da igualdade, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez. Baía Edicións, 2005.
  • Arte e Solidariedade, catálogo da exposición, presentado por A. Ilarri, coa obra reproducida na p. 47.
  • F. Pablos, O secundario elevado ó protagonismo, no catálogo da exposición "Bodegóns e Floreiros", reproducido co núm. 39.
  • José Luis González Sobral, Alfredo Conde, Mercedes Rozas: Textos en catálogo. Xunta de Galicia. Casa de Galicia. Madrid, 1996.
  • Sofía Casanova: Galicia a inefable. Ilustracións. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1996.
Menos
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.