Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Uhía, Manuel
Nacín en Portonovo en 1944 e resido actualmente en Vigo. De pequeno soñaba moito co que quería ser de maior. Desexaba convertirme en capitán dun galeón con moitas velas, en aventureiro no Amazonas, en campión olímpico...
MáisMentres ía medrando sentía envexa do voo dos paxaros e o nadar dos peixes. Tamén quería saber que hai detrás das nubes, e descubrir os segredos que se agochan debaixo das mariñas. Pero por enriba de todo quería ser quen de poder apreixar os infinitos matices do Arco da Vella e de todos os solpores; e niso aínda estou, tentando día tras día de plasmar o vermello dos horizontes, o azul profundo do mar ou os mil verdes da tona de Galicia.
Con este empeño cheguei a mergullarme no mundo da arte. Sendo aínda un rapaz a miña intuición levábame a investigar e practicar con pigmentos que eu procuraba da natureza, como violetas, papoulas, xacintos, que esmagados e misturados daban unhas cores incríbles.
Logo foron as visitas a obradoiros de artistas locais. Unha tempada na escola de Artes e Oficios de Vigo serviume para traballar ao carón de mestres experimentados en escultura e pintura. Madrid abríume os ollos ao mundo da arte con maiúsculas. Aínda lembro como se fose hoxe a impresión que me causaban as pinturas do Museo do Prado. Nesta capital estudei debuxo e pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo Belas Artes. En Madrid cheguei a traballar como deseñador gráfico en axencias de publicidade. Tamén entrei en contacto por vez primeira co mundo editorial, que se me presentou como unha nova ventá aberta cara o universo plástico.
O meu estilo comezou vinculándose ao realismo costumista e académico, próximo en ocasións á nova figuración.
Alguén dixo que unha pintura, unha música ou un libro non existen mentres o creador non os mostre aos demais. A comunicación entre ambos, creador e público, é a culminación da obra. Desa necesidade xurdiron as miñas primeiras exposicións.
Daquela sentía moita curiosidade por coñecer os grandes avances na arte contemporánea da outra banda dos Pirineos, así que en 1968, atraído pola pintura dos diferentes “ismos” das vangardas, decidín viaxar a París para empaparme de museos e perderme por Montmartre e Montparnasse. Na cidade do Sena cheguei a realizar algún experimento informalista. Mais adiante tamén visitei Italia para observar en directo aos grandes mestres do Renacemento.
A miña actividade artística divídese entre a pintura, a ilustración e o deseño gráfico. A primeira evolucionou cara a abstracción, tal e como amosei na III Bienal Internacional (1978) e na V Bienal Nacional (1979) de Pontevedra. Parte desta obra delata unha inspiración mariña, dominada polas liñas curvas que se converten en motivos oníricos. Sobre este mundo submarino, do que son un grande afeccionado, dirixín varios documentais cinematográficos, galardonados en festivais nacionais e internacionais.
Como ilustrador de literatura infantil e xuvenil colaboro en diversas editoriais, poñendo imaxes a contos de meigas, ogros, fadas e piratas; todo un mundo de personaxes pintorescos e divertidos.
Publicacións
Libros escritos e ilustrados
- A casa redonda. Colección cempés. Baía Edicións, 2008.
- O bastón dos desexos. Planeta & Oxford, 2008.
- Roseira do teu mencer. Edicións Xerais, 2008.
- O autobús da selva. Edelvives (texto e ilustración), 2008.
- Apertas de vainilla. Galaxia, 2007.
- A viaxe de Vionta. Everest Galicia, 2007.
- Á sombra do lueiro de papel. Everest Galicia, 2007.
- A princesa que venceu a sombra. Everest Galicia, 2007.
- Cactus del desierto. Siruela, 2007.
- Honorato, o rato namorado. Edicións Xerais, 2007.
- O caracol sen sol. Everest Galicia, 2005.
- O paraestrelas. Edelvives, 2004.
- Evaristo, un corvo moi listo. Everest Galicia, 2002.
- O anel. Casals, 2001.
- ¡Piratas na buguina! Everest Galicia, 2000.
- O rato que lle puxo o cascabel ó gato. Bruño, 1998.
- Pinturiño. Edelvives, 1996.
Contos ilustrados
- Isha, nacida do corazón. Fina Casalderrey. Edebé, 2006.
- ¡¡¡Lume!!! Fina Casalderrey. Rodeira, 2006.
- Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Uxío Novoneira. Edicións Tambre, 2006.
- A vella quenlla perde os dentes. Xavier López López. Edebé, 2005.
- Versos con alas. Antonio García Teijeiro. Lynx, 2005.
- Eu conto, ti cantas... María Victoria Moreno. Edicións Xerais, 2005.
- Piñeco. Manuel Lourenzo González. Everest Galicia, 2004.
- Ruki, o rato robot. Ramón Caride. Casals, 2003.
- A pantasma da torre. Lourdes Maceiras. Edicións Xerais, 2002. IV Premio Lecturas de Ilustración Galix, 2004.
- ¡Polos bigotes do teu gato...! Xoán Babarro González. Bruño, 2002.
- A galiña da paz. Gloria Sánchez. Edebé-Rodeira, 2002.
- Campaña de fomento da lectura. Varios autores. Xunta de Galicia, 2001.
- Contos de animais I. Xosé Miranda, Antonio Reigosa, Xoán Ramiro Cuba. Edicións Xerais, 2001.
- Tres risas e unha voda. Ana Mª Fernández. Everest Galicia, 2000.
- Pimpín e dona gata. Fina Casalderrey. SM, 1999.
- Eugenio el de la botella. Carlos Lapeña Morón. Edelvives, 1998.
- Ás de moscas para Anxo. Fina Casalderrey. Anaya, 1998.
- Cuco, cuquelo, ¿qué tes no fardelo? Xoán Babarro González. Edicións Xerais, 1998.
- Lolo anda en bicicleta. Carlos Casares. Galaxia, 1996.
- Historias de amores y de viajes. Paula Carballeira. Edebé, 1996.
- O torques de ouro. Lourdes Maceiras. Edelvives, 1995.
- ¿Para que serve? Ruth Rocha. Galaxia, 1995.
- Os fillos de Lúa. Fina Casalderrey. SM, 1995.
- Andanzas e amizades dun robot pequeno. Paco Martín. Edicións Xerais, 1994.
- Trece años de Blanca. Agustín Fernández Paz. Edebé, 1994.
Premios
- IV Premio Lecturas de Ilustración Gálix (2004).
- Seleccionado polo Ministerio de Educación e Cultura para a exposición “A todo color” (2000).
- Primeiro premio Concurso Imagen Institucional Caixanova (2000).
- Lista de honra no XXXVI Premio C.C.E.I. (1997)
- Premio Rañolas de debuxo (1997).
- Mención especial no salón Internacional’ 83 de Evian (1983).
- Mención especial no salón Internacional de Inverno’ 83 de Avignon (1983).