Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Valentín, José
Baixo a súa tutela e amizade inicia unha carreira de produción propia. Obviando o figurativo, mergúllase na abstracción: un universo de explosión colorista, de xogo sensual entre a profusión de liñas, a profundidade das texturas e a omnipresencia do círculo. Decide entón levar a cabo unha actividade frenética, con sucesivas exposicións en diversos puntos de Galiza, Portugal e Alemaña.
Ten flirteado coa poesía, realizando unha exposición conxunta coa poeta Olga Patiño Nogueira, e nesa liña publica con ela o libro "Atmosferas", obra de diálogos entre a palabra e a imaxe.
É recentemente invitado pola Casa de España en París, e a súa obra está xa presente nos fondos do Museo do CIEC. A súa xilografía é seleccionada na IX Bienal de Pintura Balconadas, e na X Edición é galardoado co premio popular. Elixen a súa obra para o premio Máximo Ramos de Ferrol. José Valentín revélase coma un artista de vocación tardía que xorde coa creatividade dun talento novo e a experiencia vital dun home maduro.
Publicacións
- Deter o día cunha flor. Baía Edicións, 2009.
- Atmosferas. Obra de diálogos entre a palabra e a imaxe publicada con Olga Patiño Nogueira.
Mural
- Sacrificio, no Complexo Hoteleiro San Roque de Betanzos.
Menos