Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Rey, Cristina

Cristina Rey. Nacín na Peroxa (Ourense), o 3 de febreiro de 1977. Son enxeñeira técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo. No ano 2001 trasladeime de Ourense a Vigo por motivos laborais. Iniciei a miña andaina profesional como profesora de bases de datos nunha escola de formación profesional. A día de hoxe dedícome ao desenvolvemento de aplicacións no departamento de informática dunha empresa de servizos bancarios.

A paixón pola lectura levoume a escribir, primeiro relatos, logo a miña primeira novela: A fuxida. Paseniño, a escritura foise convertendo para min nun hábito cotián. Tiven a fortuna de acadar os recoñecementos que detallo deseguido e que me enchen de ledicia:

- 2017. Segundo premio no XII Certame de Narración Curta Concello de Curtis. Relato “Intercambios”.

- 2018. Segundo premio no XXIII Certame Literario de Piñor. Relato “A propiedade inmaterial do desexo de saber”.

- 2019. Primeiro premio XVI Certame Literario do Concello de Ames. Relato “O monólito”.

- 2020. Publicación no libro Relatos na rúa VII no Sétimo Certame Vigo Histórico. Relato “Helena con H”.

- 2020. Segundo Premio no certame Premio Nós de Relatos do Concello de Ourense. Relato “A liña 15C”.

- 2021. Publicación no libro Historias no Camiño. Relato “As criadas das hospedaxes”.

- 2021. Publicación no libro Relatos na rúa VIII no Oitavo Certame Vigo Histórico. Relato “O sétimo redeiro”.

- 2022. Segundo premio no XVII Certame de Narración Curta Concello de Curtis. Relato “Filloas doces”.

- 2023. Segundo premio [Finalista] no V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro. Novela A fuxida.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.