Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Viña, Moncho
Moncho Viña (Golmar-A Laracha, 1955) é licenciado en Filosofía e Psicoloxía. Exerceu o xornalismo deportivo en Radio Juventud, Radio Cadena Española e RNE, nas dúas últimas como xefe de deportes. Presentou o Panorama de Galicia Deportes en TVE-G e achegou a información deportiva da Coruña para TVE. Coordinador da Radio Conta e colaborador do Foro Comunicación y Escuela (IES Elisa e Luis Villamil, en Vegadeo), da Radio Galega, Radio Marca, Radio Coruña e DXT. Acompañou o Deportivo nas súas viaxes dentro e fóra de España sendo un dos seus cronistas máis relevantes.