Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración González Clavijo, Eduardo

Eduardo González Clavijo (Salamanca, 1967). 

Xeólogo pola Universidade de Salamanca, traballa en diversos campos da xeoloxía, ciencia da que desde 2013 é un incansable divulgador. Forma parte do equipo de coordinación nacional de Geolodía, que, organizado pola Sociedade Xeolóxica de España, é un dos eventos máis importantes a nivel internacional de divulgación e sensibilización da poboción sobre a necesidade de coñecer e protexer o noso patrimonio xeológico. 

Neste mesmo campo, deseñou rutas e realizou traballos de divulgación para a Cámara Oficial Mineira de Galicia, o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, a Xunta de Galicia, AEPECT e SIGMADOT, entre outras organizacións. Ademais, imparte habitualmente cursos e actividades de campo para diversas asociacións e empresas.

É autor dunha decena de artigos sobre divulgación científica e minería de ouro romana.

Como se formou esta paisaxe? Xeoloxía de Galicia. Baía Ensaio, 2025.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.