Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Valcárcel, Charo

Charo Valcárcel Mato naceu en Vinseiro (A Estrada, Pontevedra) en maio de 1960. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC, exerceu como profesora de Lingua e literatura galega, sendo o seu último e máis prolongado destino o IES Valle Inclán de Pontevedra, onde ademais dirixiu o grupo de teatro Argallada.
Tras a súa xubilación no 2020, publicou o seu primeiro poemario Cando os bosques sintan frío en decembro de 2021 e en 2022 o libro de relatos protagonizados por mulleres Funámbulas, un dos cales, Espello, obtivera o 1º premio no XIII Certame literario Terras de Chamoso no ano 2019. En outono de 2024 viu a luz o seu segundo poemario A nena chuvia, un de cuxos poemas estivo entre os dez finalistas do 2024 no aRi(t)mar Edición 2025.
No 2017 conseguiu o 1º accésit de poesía no Certame Manuel Oreste Rodriguez.
Participou en publicacións colectivas coma a revista Furman e segue facéndoo en Xistral, tamén nas colectáneas luso-españolas Cultura sem fronteiras, Abraço de culturas, Historias de encantar e Caminho.
Forma parte do grupo poético Poética Albedrío, constituído por poetas galegos e madrileños, ademais de ser asidua en distintos recitais poéticos celebrados en Pontevedra, O Grove, Vigo ou Marín.
É unha das creadoras do proxecto web, nado en Pontevedra no 2020, De vella a bella. https://devellabella.com/ que, entre moitas outras cousas, leva organizando desde o 2024 a mostra poética Versos a dúas voces coincidindo coa semana da celebración do Día Mundial da Poesía.