Busca avanzada no catálogo

2 produto(s) atopados nesta búsqueda.

  • Autoría: Nogueira Campo, Pablo

non atopa o que está a buscar? Modificar a sua búsqueda

  1. A banda de Raimunda

    13,00€

    A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». 

    Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do orgulloso sapo Eliseu e a súa potente voz, consegue formar un equipo que respecta a diferenza e defende a solidariedade e igualdade entre as nenas e os nenos. Ela será a voz feminina dunha espectacular banda de rock and roll.

     

    Máis información
  2. Nube Branca e o pingüín Valentín

    13,00€

    Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía.

    Ao poboado de Nube Branca chegou dende moi lonxe un pingüín de nome Valentín. Devecía por voar, pero por máis que axitaba as súas ás non era quen de facelo. Coa axuda das súas novas amigas... pensas que o conseguirá?

    Máis información