Termodonte e outros contos
Avanzou a seitura e pasou a vendima e aproximábase o outono e el non daba regresado para arrebatala ata aquel mundo nidio e albo coma un espellismo na lagoa. Transcorrían os días e as noites entre soños. Soñaba ela coa cidade, a cidade de luz, das mulleres noitébregas e perfumadas, vestidas de nata, de ouro, que deixaban morrer as horas fumando nos casinos.
Ano: 2002
Nº de páxinas: 72
ISBN: 978-84-89803-78-7
Ilustración: Senande Pazos, Carmen
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
... o río, enfadado, crebou en dous, formando dúas linguas de auga que se separaron xusto á entrada dos dous pobos guerreiros.
Os rápidos desapareceron.
Termodonte non estaba disposto a perder o amor que atopara. Foran demasiados os anos de soidade, de frío e de abandono. Así que se decidiu e tragou as cabanas dunha e outra orela e asolagounas debaixo da súa canle, agás dúas que permaneceron unidas xa para sempre, rodeadas polas súas augas, agora mansas e sosegadas.
O que nun principio as separara, o río, era o que as uniría eternamente.