Amor en feminino. Antoloxía das poetas galegas
Cacheiro Varela, MaximinoCon esta antoloxía de poemas amorosos das poetas galegas, preténdese render unha homenaxe a estas escritoras a través da expresión das súas vivencias amorosas, o recanto máis íntimo do seu ser.
Ano: 2006
Nº de páxinas: 125
ISBN: 978-84-96526-32-7
Con esta antoloxía de poemas amorosos das poetas galegas, preténdese render unha homenaxe a estas escritoras a través da expresión das súas vivencias amorosas, o recanto máis íntimo do seu ser. Ese amor que é terra e ceo. Unha flor, unha nube, unha estrela: un instante perpetuo albiscado na eternidade. Ser ese ámote que debe ser ámame, delirio que alucina ao desexo. Ese amor ábrese no interior mesmo do amor, porta de todas as marabillas: o amor a aloumiñar ao goce. Amar, pois, arte de vivir enriba do abismo do ser, no soño atípico da unión encantada. Amor, amor... neste caso amor en feminino (no desacougo e no acougo) no que orballa a tenrura feminina galega.
Amor en feminino. Antoloxía da poetas galegas no xornal La Voz de Galicia.