O rostro da terra onde a escrita da luz determina a memoria da paisaxe. Paisaxe ensimismada, que se revela e se oculta, que se descifra en códigos secretos, que se mira através de si mesmo, formando unidade desde o espectáculo non desde o asombro.
Ano : 1996
Nº de páxinas: 84
ISBN: 978-84-87674-74-7
O rostro da terra onde a escrita da luz determina a memoria da paisaxe. Paisaxe ensimismada, que se revela e se oculta, que se descifra en códigos secretos, que se mira através de si mesmo, formando unidade desde o espectáculo non desde o asombro. Descóbrese desde un tempo interior de sombras e luces, de efímeras certezas, de veladas verdades.
Sempre no límite definindo, captando o inapreixábel, descifrando o sombrizo, expresando, a busca do inefábel. O ensoño, a suxerencia, a sensación do que percibimos cos ollos fechados, tras abrirnos á luz cegadora do segredo.
Do Prólogo
Xulio L. Valcárcel
O vento leva as últimas chúvias Con palavras sen rostro
sácasme de min,
da inmobilidade da sombra.