O paraugas na raiola e outros relatos
Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada...
A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza...
El era a única voz.
... Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño... dos soños.. Para quepoidas soñar esperto...
Durmido soña calquera.
Ano: 2019
Nº de páxinas: 152
ISBN: 9788499953144
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Tamén en VERSIÓN DIXITAL en diferentes plataformas.
Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da “Señorita de Lobeiras” e rematan coas “Memorias do esqueleto Isolino”, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas.
Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario.
Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura.
***
Deitou no lenzo pinceladas afervoadas… ardorosas… de afeites… de adobíos… E mesturou cores nun relanzo da brisa… co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises… Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada…
A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares… Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza…
El era a única voz.
… Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño… dos soños… Para que poidas soñar esperto…
Durmido soña calquera.
Paco Rivas
O paraugas na raiola no Caderno da crítica.
Crítica do libro O paraugas na raiola no Blog Ferradura.