Bergan
Bergan

Bergan

Lorenzo Tomé, José Carlos
978-84-9995-312-0
14,35 €
IVA incluido

Baia Edicións

Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o tempo mítico no que brillou por última vez, antes da súa postrema apoteose e ocaso, a Cidade da Estrela. Un tempo perdido no que, xunto aos homes e as mulleres, habitou, tamén, a Serpe. Nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte, a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos ter sido.

Ano: 2019
Nº de páxinas: 226
ISBN: 9788499953120

 

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Tamén en VERSIÓN DIXITAL en diferentes plataformas.

Bergan é unha obra debedora d´A cidade branca, pero a súa historia actual, como o mundo debuxado no pensamento da Grecia clásica, está cambiada, transformada e semella en permanente movemento, quizais lineal, circular ou elíptico, pois todo cabe nel.

O xénero fantástico empregado achégaa a obras recoñecidas na literatura universal e que a todas e todos non poden vir ao pensamento sen mencionar ningunha. Con todo, a súa apropiación da mitoloxía do noso país sitúao nunhas terras que nos son próximas, e contribúe tamén, non sabemos se intencionadamente, a evocar autorías que xogaron coa realidade e a fantasía ás que parece render homenaxe.  

O xogo literario, desde logo sorprendente, coa “presenza” de tres narradores para facernos comprensíbel a procura de Bergan, ademais de sumar visións que son recollidas, en realidade, por un narrador omniscente, tamén nos propón a idea de que “todo é segundo os ollos cos que se mira”, de aí, quizais, as súas múltiples lecturas e interpretacións.

***

Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o tempo mítico no que brillou por última vez, antes da súa postrema apoteose e ocaso, a Cidade da Estrela. Un tempo perdido no que, xunto aos homes e as mulleres, habitou, tamén, a Serpe. Nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte, a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos ter sido.

Tamén en VERSIÓN DIXITAL en diferentes plataformas.

Bergan no Caderno da crítica.

Armando Requeixo recomenda Bergan no Diario Cultural.

Análise de Bergan no xornal La Voz de Galicia.

Entrevista a Xosé Lorenzo Tomé no xornal El Progreso.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.