Entre Donas
Entre Donas

Entre Donas

Varias autoras
978-84-9995-342-7
14,35 €
IVA incluido

Baia Edicións

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:

“Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes”, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do “relato dos relatos” na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.

Ano: 2020
Nº de páxinas: 208
ISBN: 9788499953427

 [...]

Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocar un efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses e debilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máis adecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outros modelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosa visión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexa permanente.

As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación. Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...]. Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].

Noticias

Rosalía Fernández Rial fala de Entre Donas no xornal La Voz de Galicia.

Crítica de Entre Donas no blog Ferradura en Tránsito II.

Entrevista a Belén López no Nós Diario sobre o libro Entre Donas.

Eva Mejuto recomenda no #25N a obra Entre Donas no ZigZag Diario.

Recesión da obra no blog Daybreak Over the Ocean.

Análise da obra no blog Trafegando Ronseis.

Fabulosa análise da obra Entre Donas no blog Lecturafilia.

Recomendación de Esther Gómez (Libraría Moito Conto) do libro Entre Donas no xornal El Correo Gallego.

Análise da obra no xornal Faro de Vigo.

Análise da obra no blog de Manrique Fernández O meu andel.

Recomendacións de Ramón Nicolás para o #8M no Caderno da crítica.

Reflexión sobre a obra no xornal La Voz de Galicia na presentación do libro na Feira do Libro da Coruña

Entrevista a Antía Yáñez sobre o libro no Fugas do xornal La Voz de Galicia.

Temas
Feminismo
Violencia

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.