A mona de Schrödinger
A mona de Schrödinger

A mona de Schrödinger

Larvós, Uxío
978-84-9995-415-8
14,35 €
IVA incluido

Baia Edicións

Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, A mona de Schrödinger convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.

Ano: 2022
Nº de páxinas: 216
ISBN: 9788499954158
Autoría: Uxío Larvós

 

Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo.

Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, A mona de Schrödinger convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.

Noticias de interese

Análise da obra no blog Ferradura en Tránsito.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.