Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro)
Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo —ao longo de 10 capítulos como 10 escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador— esa vila de emigrantes e navegantes unidos á familia por medio de cartas que non sempre contan a verdade, até descubrir as razóns para a drástica separación. Temas como o aborto, a fidelidade, represións e maledicencias, a covardía e o narcotráfico irán ocupando as páxinas desta historia de desarraigo, provocada por un inocente exercicio escolar.
A fluidez da escrita mantén o interese por participar no coñecemento da resolución de conflito.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 260
ISBN: 9788499954196
Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro)
Tras case cincuenta anos de ausencia, Fabio volve á vila natal, de onde seu pai o sacara de maneira abrupta, abandonando a súa nai. Unha ausencia sobre a que nunca indagou por medo a facer preguntas que non se poidan responder.
Ao volver, coa axuda dunha amiga e veciña de infancia, irá facendo un retrato da sociedade a través do que percorrerá o que era esta vila de emigrantes e navegantes unidos á familia por medio de cartas que non sempre contan a verdade. E así irá descubrindo as intricadas razóns que seu pai puido ter para aquela drástica separación. Tamén comprobará que a falta de franqueza á hora de recoñecer os errores, o medo ao que dirán e os segredos familiares pasan factura ao longo dos anos. Fabio sofre sobre si as consecuencias derivadas dunha carta escrita como exercicio escolar.
Temas como o aborto, a fidelidade, as maledicencias, a covardía e o narcotráfico irán ocupando as páxinas desta historia.
- Temas
- Feminismo
Novela histórica
Tamén che podería gustar