Arte e escrita

  1. Deter o día cunha flor

    19,90€

    Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo...

    Máis información
  2. Pintor por Italia

    10,00€

    É máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor.

    Máis información
  3. Simboloxía máxica en Galicia

    30,00€
    Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos. Formas xeométricas interaccionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos. Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evoluíndo co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial. Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas. Máis información
  4. Ferreñas e Rock and Roll

    17,00€

    Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega.

    Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos nunha obra única que foi distinguida cun dos premios do II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade convocado en 2018 pola área de Benestar Social, Educación e Políticas da Deputación da Coruña.

    Máis información