Narrativa

  1. Entre Donas

    13,00€

    Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

    En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:

    “Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes”, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do “relato dos relatos” na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.

    Máis información
  2. O penalti de Fuco

    12,00€

    A sinalización de un penalti na final da Copa do Rei, que se xoga no Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez Crespo e do seu fillo, Fuco, o encargado de deter o penalti que vai lanzar Messi.

    Máis información
  3. Obras breves de imaxinación

    17,90€

    O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira no ano 2006, vindo substituír o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro:  animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres, e nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e voces e de maior poder de convocatoria para todas aquelas que algunha vez pensaron en contar algunha historia en negro sobre branco.

    Máis información
  4. Pegadas nun labirinto baleiro

    18,00€

    Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o enccrgo do comisario de levar a cabo a investigación máis estraña da súa vida: nos montes da vila de Lenzo van aparecendo uns corpos que se afastan do aspecto dos cadáveres deixados por un asasino convencional. Os corpos están transformados, convertido nas trazas doutra cousa, de algo que non se pode definir. É como se os cadáveres fosen o soporte onde o asasino plasma a súa arte.

    Máis información
  5. Confusión e morte de María Balteira

    11,50€

    Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas.

    Máis información
  6. Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón

    11,80€

    Novela con pretensións de ensario? Un ensaio baixo a aparencia dunha novela? Enmascara se cadra a crónica dunha viaxe verdadeira...

    Máis información
  7. Amálgama de Desquiciados

    8,00€

    As narracións deste libro recollen un compango de personaxes que, axudados polas doses de humor, ironía e ternura do autor, fitan con prismáticos desenfocados este inmenso entorno de ferrados que nos espera e engana baixo promesas e palabras de progreso e cambio.

    Máis información
  8. A vida vexetal

    8,00€

    A imaxinación do autor trasládanos a unha peculiar e simbólica "cidade bíblica" que ha soportar cada interlunio unha devastadora invasión de dinosauros como unha perigosa prolongación da vida vexetal do protagonista.

    Máis información
  9. Da esfinxe

    8,00€

    Despois, cando veña a noite, o vento arrastrará as follas para alén dos teus ollos. E ti seguirás aí, silencioso e isolado, detido no teu aceno de pedra, a esperar que outras vidas veñan encher o teu valeiro esencial disposto a calquer acontecer que che permita existir...

    Máis información
  10. A última viaxe e outros relatos

    12,00€

    Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso –o que dá título a obra–, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta.

    Máis información
  11. Alma. Un sopro de aire fresco

    12,00€

    Alma. Un sopro de aire fresco, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na colaboración cos servizos secretos para salvaren o pobo xudeu dos campamentos de exterminio e propiciaren a súa fuxida a Portugal, África ou América, presentado de forma singular polo pensador Walter Bejamin.

    Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. As irmás Touza son unhas figuras de recoñecido prestixio entre o pobo xudeu sendo consideradas mesmo como heroínas polo Estado israelí, documentadas por Antón Patiño na súa novela A memoria de ferro. Na actualidade, infórmase por diversos medios que Hollyvood está preparando unha película (musical) sobre o seu papel para liberar do holocausto a máis de 500 persoas.

    Venda do libro electrónico AQUÍ.

    Máis información
  12. O mal querer

    13,00€

    Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites.

    É un gran amante do mar, ten incluso un barco veleiro propio. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar.

    Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece.

    Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro.

    Máis información
  13. Veleno en familia

    13,00€

    Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018)

    O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”.

    Máis información
  14. Bock de cerveja

    11,00€

    Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia... de autoras e autores que semelham bem conhecidos por Corral e que nom se nos escapam como capitais na sua experiência vital.

    O recurso adoptado para todos os relatos do narrador em primeira pessoa aproxima as suas historias, com credibilidade, a vivências que se desenvolvem, nom de forma lineal, senom como produto dum diálogo fictício, traídas “a conto” segundo vam espertando no recordo, desde a sua infância em Monte Alto até o momento presente.

     

    Máis información
  15. As fauces feroces

    13,00€

    Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira.  A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas quinta e sexta que se intúen–, compoñen un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse. 

    Entre a ficción e a realidade histórica, As fauces feroces enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma.

    Máis información
  16. Bergan

    13,00€

    Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o tempo mítico no que brillou por última vez, antes da súa postrema apoteose e ocaso, a Cidade da Estrela. Un tempo perdido no que, xunto aos homes e as mulleres, habitou, tamén, a Serpe. Nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte, a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos ter sido.

    Máis información
  17. O paraugas na raiola e outros relatos

    12,00€

    Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada...

    A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza...

    El era a única voz.

    ... Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño... dos soños.. Para quepoidas soñar esperto...

    Durmido soña calquera.

    Máis información
  18. En branco e negro

    10,00€

    Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do réxime ditatorial na Guinea Ecuatorial despois da súa independencia, o desacougo dun amor frustrado…

    Mais non todo é negro na vida de Sara, pois, como di un dos personaxes, recordando as palabras de Ernesto Sábato: “O mundo está cheo de horrores, de traizóns, de envexas; desamparos, tortura e xenocidios. Pero tamén de paxaros que levantan o meu ánimo cando escoito os seus cantos, na alborada; ou cando a miña vella gata adormece sobre os meus xeonllos; ou cando vexo a cor das flores, ás veces tan minúsculas que hai que observalas desde ben cerca”.

    Tamén en FORMATO DIXITAL.

    Máis información
  19. Mar...usía. Relatos salpresados

    10,00€

    Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias.

    Como manifesta o profesor, escritor e ensaísta Luís Alonso Gigardo, autor do prólogo da obra: «Velaquí un novo libro de Paco Rivas. Agora un libro de prosa narrativa, de historias do mar e dos mariñeiros, das faenas de pesca e das súas artes; do mar e dos seus misterios, dos naufraxios, das conversas nas tabernas; de barcos e barcas, da vida da xente. Todo no reducido ámbito dunha moi concreta xeografía: a Mariña luguesa, as costas e as augas do norte, Nois, Pena Orxal e outras penas. En Nois precisamente ten o seu pequeno reino privado Paco Rivas; a súa casa é unha pequena atalaia a carón do mar que el coñeceu dende neno e que aínda hoxe continúa a contemplar, a revivir e reinventar e, como non, a recrealo coas palabras [...]».

    Máis información
  20. Entre dous. Entre ouro e olvido

    8,00€

    "Con nomes non pode haber alegría" fora a súa frase de presentación, e cometera un erro: agachar a alegría baixo unha espesa capa de realidade. Ela percibiu o seu desencanto e prometeulle novas visitas a aquela fraga...

    Máis información
  21. Diario de inverno

    8,00€

    Xosé Manuel Martínez Oca logra facer a súa mellor novela sen, por iso, renunciar ao que sempre foi o seu Norte: non aborrecer ao leitor.

    Máis información
  22. Calidoscopio

    8,00€

    Esta é a historia da relación amorosa entre un home e unha muller que constrúen unha realidade diferente a cada momento ao xiraren como os vidros de cores dun calidoscopio.

    Máis información
  23. O son esquecido

    13,00€

    Unha vida sae a luz do día diante dos nosos ollos. Unha muller foxe do seu propio pasado tentando chegar a metas imaxinadas longo tempo atrás.

    Máis información
  24. Un autobús camiño da cidade

    10,00€

    É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio...

    Máis información
  25. Como paxaro caído no niño

    11,00€

    Como consecuencia da morte de súa nai e o regreso á cidade natal, A Coruña, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai.

    Máis información