Narrativa

  1. Xope de Lilaina

    10,00€

    Xope de Lilaina pretende ser algo máis que unha colección de relatos da tradición oral disimulada pola introdución do recurso literario dun escritor imaxinario, M. Castro d´Anllóns, que oculta ao verdadeiro autor.

    Máis información
  2. Arredor de Chinto

    14,00€

    Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta do seu bisavó homónimo, conquistador de mulleres, aventureiro...

    Máis información
  3. A Rúa e outros relatos

    13,00€

    Esta moi celebrada colección de pequenas historias foi en 1993 obxecto dun notorio caso de censura. A Corte Suprema de Dublín apoiou unha decisión gubernamental pola que se prohibía a publicación do libro. Desde entón xa foi traducido ao italiano, español, alemán, euscaro e, agora, ao galego.

    Máis información
  4. Quince mulleres, quince momentos

    8,00€

    Todas as retratadas aquí son mulleres reais, mulleres que son ou que foron, captados pola ollada dun home do que hai que dicir que escribe coa voz dunha persoa que sabe que o que nos foi imposto ás mulleres durante séculos non nos é consubstancial.

    Máis información
  5. Os espidos pés do destino

    10,00€

    O argumento deste libro sitúase na segunda metade do século XV, onde os personaxes viven, sofren, aman e morren sen poder escapar do seu propio camiño. Os mundos, as culturas,... a fantasía e os desexos máis agochados entrelázanse como serpes que andan ás xaneiras.

    Máis información
  6. Do lusco-fusco

    8,00€

    Dedicatória do autor: A todos os homes e mulheres que onde quer luitárom, morrerom, luitam pola liberdade e a dignidade dos assovalhados.

    Máis información
  7. Termodonte e outros contos

    6,00€

    Avanzou a seitura e pasou a vendima e aproximábase o outono e el non daba regresado para arrebatala ata aquel mundo nidio e albo coma un espellismo na lagoa. Transcorrían os días e as noites entre soños. Soñaba ela coa cidade, a cidade de luz, das mulleres noitébregas e perfumadas, vestidas de nata, de ouro, que deixaban morrer as horas fumando nos casinos.

    Máis información
  8. A noite que avanza

    7,50€

    Avanzou a seitura e pasou a vendima e aproximábase o outono e el non daba regresado para arrebatala ata aquel mundo nidio e albo coma un espellismo na lagoa. Transcorrían os días e as noites entre soños...

    Máis información
  9. Seica chove

    9,50€

    (...) non se sabía ben como, algúns si que mercan e venden, trafican e manipulan, mandan roubar e matar, divírtense e esixen telo todo limpo e a merda baixo da alfombra, falan de orde e xustiza, asenten e acusan, xulgan e executan...

    Máis información
  10. O trevo da sorte

    11,00€

    Dá título a un conxunto de 27 relatos con protagonismo das mulleres organizados en dúas partes, que parecen incidir –non por casualidade- nun tempo pasado nun tempo máis actual. Visión dunha historia, aparentemente superada, que se repite con idénticas ou similares circunstancias no presente.

    Máis información