Novo

Máis vistas

A última viaxe e outros relatos

REF.:978-84-9995-040-2
12,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso –o que dá título a obra–, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta.

Información adicional

Ano 2012
Nº de páxinas 158
ISBN 978-84-9995-040-2
Autoría G. Aneiros, Alberto

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso –o que dá título a obra–, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta.

A través da súa lectura, coñeceremos un insólito testemuño directo de abusos sexuais; fatais atraccións e rexeitamentos entre mozas e mozos enleados; malos tratos machistas –e clasistas– nunha situación inesperada; a falsa amizade, o egoísmo desapiadado dalgunha xente nova; un sindicalista que sufriu represalias contando experiencias persoais e certas atrocidades do réxime franquista; a represión e castigo militares dun recruta apaixonado polo canto, que non pode lerse –ou oírse– sen ironía dramática; unha curiosa apoloxía dunha profesión macabra; o progresivo illamento social e a decadencia dun pobre home rico de vila; os conflitos e desgrazas dunha parella nunha viaxe pola India… Todo iso se vai debullando nos diversos textos narrativos que conforman a obra.

Algúns dos seus personaxes móstrannos trazos morais autenticamente monstruosos, comportamentos irracionais, vicios perversos ou paixóns destrutivas que non poden senón derivar en dramas humanos, demasiado humanos...

Agás nunha das historias, o narrador é sempre un dos protagonistas principais que en primeira persoa conta, sofre e coñece directamente o acaecido, o que permite mesmo unha lectura dramatizada dos mesmos.

A pesar da tristeza sen conto da maioría dos feitos narrados, nalgúns dos relatos –como Desafinado, O que un vello sepultureiro dixo…, Fermín o Señorito– non faltan certas doses de humor.

A última viaxe e outros relatos dispoñible en formato e-Pub. Venta na Plataforma elibro-galego.

Venda do libro electrónico AQUÍ.