Máis vistas

Tres en raia

REF.:9788499953854
15,75€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:


Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro.


É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a insatisfacción, marcada por unha culpa que, como un crime, non chegan a esquecer nin a resolver, vai ser o resultado das súas particulares condenas.

Información adicional

Ano 2022
Nº de páxinas 266
ISBN 9788499953854
Autoría Martínez Oca, Xose Manuel

Details

Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro.

A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro con Antonio e Gabriel e o punto de partida para coñecermos a historia da súa amizade nun Ourense, convertido aos nosos ollos, máis que nun mero espazo físico onde dan os seus primeiros pasos iniciáticos para a vida adulta, nun auténtico personaxe que evoluciona e se deteriora (coma eles), até o momento da súa separación definitiva a raíz do falecemento inesperado en Compostela de María, auténtico punto de unión (o taboleiro do xogo) dos tres amigos.

É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a insatisfacción, marcada por unha culpa que, como un crime, non chegan a esquecer nin a resolver, vai ser o resultado das súas particulares condenas.

Noticias de interese

Armando Requeixo recomenda Tres en raia no Diario Cultural.

Ramón Nicolás analiza a obra Tres en raia no seu blog Caderno da crítica.

Xosé Manuel Eyré analiza a obra no seu blog Ferradura en Tránsito II.