Información adicional
Ano | 2007 |
---|---|
Nº de páxinas | 45 |
ISBN | 978-84-96526-98-3 |
Autoría | Riveiro Vázquez, Breogán |
Ilustración | Tomás, Xosé |
Details
O afundimento do Tiránic, gañadora do IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2006 organizado polo IGAEM, móstranos, seguindo a mellor tradición do teatro de monicreques, unha serie de personaxes moi distintos entre si, que, individualmente, deixan ver as súas debilidades e temores fronte ao exercicio tiránico do poder por parte do capitán dun barco, e que, pola contra, cando se unen na defensa da propia vida, se converten nunha forza invencíbel capaz de acabar coa tiranía e o medo, ao tempo que crean unha nova nave onde todos e todas son recoñecidos e respectados.
Obra escrita por Breogán Riveiro e ilustrada por Xosé Tomás.