Máis vistas

O soñador

REF.:978-84-96893-08-6
6,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Esta obra de Gabriel Castilla foi a gañadora do I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos).

Información adicional

Ano 2007
Nº de páxinas 80
ISBN 978-84-96893-08-5
Autoría Castilla, Gabriel
Ilustración Tomás, Xosé

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

O soñador, do director artístico e dramaturgo arxentino Gabriel Castilla, gañadora do I Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2003 organizado polo IGAEM, defínese como “peza de teatro de sombras ou monicreques de luva ou figuras planas ou...”, e, na súa unidade, mostra doce historias marcadas pola ironía, en ocasións, e a poesía e a melancolía, noutras, que nos invitan, moi intelixentemente, a deixar que a nosa imaxinación, como un soño, camiñe no medio da escuridade como un personaxe máis.

Evocadora, e toda unha imaxe do que podemos encontrar nesta peza dramática, a capa deseñada por Xosé Tomás.