Poesía
-
Quen beillaría iso?
10,00€O son amece no idioma a carón da comunicación. Na mestura nace un espello onde se debuxan os elementos da imaxe que nos revela a nós mesmos. Foime dado interpretala.
Máis información -
Cantar de corpos
11,00€Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida.
Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan a mensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais; coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe, o que desexa.
E así de híbrido e ardoroso é este Cantar de corpos. Un libro no que o amor se fai pero tamén se come, se preme, se fuma, se soña, se cociña, se zarrapica, se debulla... se respira.
[...] Porque se algo é quen de exorcizar o mal cando ‘sangran as nubes’ é a humidade vivificante de dúas linguas que se beixan; porque se algo é capaz de combater ese grito mudo é a forza centrífuga do máis fondo abrazo. Porque só pode ‘demorar a estrela onde pace o tempo’ o amor.
Do Limiar, de Yolanda Castaño
Máis información -
Horas
10,00€... antes de repousar nos fundos oceânicos, chega o tempo abala no maor ausente, um reconhecimento necessário antes da última despedida, a do Corral que aguarda um reencontro com o seus própios fantasmas.
Nestes últimos tempos, cada livro de Corral é um adeus, que ecoa nestas "Horas" mostrando o que ele foi capaz de viver. Trata-se da reconciliaçom com a sua vida, homenagem a aqueles que passaram e confissom. Nom chegará ao mar, ao mais profundo do oceano, com contas pendentes, pois em cada texto libra umha batalha contra si mesmo, aguardando qu ealgo de si o libere durante a descida aos fundos marinhos. Eis ca o sentido das "Horas" de Corral, ca também a mostra doutra vida necessária, precisa, constante. Os distintos estados que a luta diária nos brinda.
Máis información -
Resina de poliéster
7,00€Este libro de Correa Corredoira, o meu amado pintor, é un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dignidade da especie humana e das outras especies. É un documento, un pergameo que se manifesta como o testamento dun pensador rebelde, dividido, crebado pola paixón das súas apostas, das súas necesidades, das súas apostas necesarias.
Máis información -
Prenderei a lareira
14,40€(...) Prenderei a lareira, de Vicente Reboleiro, constitúe a mellor homenaxe que se pode facer a Uxío Novoneyra, poeta do Courel mais tamén poeta da Galiza, poeta da nación e adaíl na defensa da nosa identidade política, cultural e lingüística; e por todo iso poeta universal, pois só desde a identificación co propio se pode atinxir a verdadeira universalidade (...).
Máis información -
Rubaiyat
12,00€(...) As Rubaiyat (...) trataban dun pracer destemido, dun dionisismo que falaba coa morte con naturalidade e concisión, economía da sintaxe (...): poemas de mocidade, transgresores, de gozo do viño, tabernarios, do paso do tempo, da natureza (no xardín), de amor erótico, de desamor...
Máis información -
Eu tamén oín as vozes do orvallo
8,00€Xavier Seoane escribe desde o amor e desde a alegría. Esa alegría promovida non polas gañas de vivir, senón polo vivir. Porque Xavier Seoane é dos poucos poetas capaces de escribir desde a alegría...
Máis información -
O rostro da terra
7,50€O rostro da terra onde a escrita da luz determina a memoria da paisaxe. Paisaxe ensimismada, que se revela e se oculta, que se descifra en códigos secretos, que se mira através de si mesmo, formando unidade desde o espectáculo non desde o asombro.
Máis información -
Afásia
8,00€Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90.
Máis información -
A vella peneira a noite
9,00€O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia...
Máis información