Máis vistas

Cantar de corpos

REF.:9788499952888
11,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida.

Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan a mensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais; coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe, o que desexa.

E así de híbrido e ardoroso é este Cantar de corpos. Un libro no que o amor se fai pero tamén se come, se preme, se fuma, se soña, se cociña, se zarrapica, se debulla... se respira.

[...] Porque se algo é quen de exorcizar o mal cando ‘sangran as nubes’ é a humidade vivificante de dúas linguas que se beixan; porque se algo é capaz de combater ese grito mudo é a forza centrífuga do máis fondo abrazo. Porque só pode ‘demorar a estrela onde pace o tempo’ o amor.

Do Limiar, de Yolanda Castaño

Información adicional

Ano 2018
Nº de páxinas 152
ISBN 978-84-9995-288-8
Autoría Correa Corredoira, Xabier

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Tamén en VERSIÓN DIXITAL en diferentes plataformas.