Publicidade

  1. Como paxaro caído no niño

    11,00€

    Como consecuencia da morte de súa nai e o regreso á cidade natal, A Coruña, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai.

    Máis información
  2. O trevo da sorte

    11,00€

    Dá título a un conxunto de 27 relatos con protagonismo das mulleres organizados en dúas partes, que parecen incidir –non por casualidade- nun tempo pasado nun tempo máis actual. Visión dunha historia, aparentemente superada, que se repite con idénticas ou similares circunstancias no presente.

    Máis información
  3. As voces da auga

    13,50€

    As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos.

    Máis información
  4. Remexido de patacas

    11,00€

    A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.

    Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

    Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.

    Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.

    Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.

    Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

    Máis información
  5. Veleno en familia

    13,00€

    Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018)

    O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”.

    Máis información
  6. O mal querer

    13,00€

    Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites.

    É un gran amante do mar, ten incluso un barco veleiro propio. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar.

    Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece.

    Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro.

    Máis información