Información adicional
Ano | 2003 |
---|---|
Nº de páxinas | 116 |
ISBN | 978-84-96128-45-3 |
Autoría | Romero, Medos |
Details
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Velaquí outra vez a voz de Medos Romero mergullándonos en relatos á vez fermosos e paralizantes. Relatos doentes, con moitos protagonistas, case que todos mulleres. Mulleres heroínas desde a súa condición de vítimas. Vítimas do mal que roe sen canseira ou sacrificadas na violencia de xénero. Mulleres espoliadas polo seu propio home recen acabadas de parir ou ás que una taberneiro ten a proba como se dunha lavadora se tratase. Mulleres desgonzadas, sobadas por familiares e que se senten como moscas atrapadas nunha arañeira, paralizadas na violencia machista ou na escravitude. Mulleres mutiladas que soñan co peito mutilado tirado no caldeiro do lixo. E de cando en vez, mulleres duras con lousas frías no canto de corazóns, donas porén de palabras melindreiras.
Noticias relacionadas
Crítica de Francisco Martínez Bouzas no blog Novenoites.
O xornal La Voz de Galicia informa sobre a publicación do libro O trevo da sorte.
Análise da obra no xornal El Correo Gallego.