A apoteose de Cans e 12.000 visitantes
A parroquia porriñesa de Cans xa está de regreso á normalidad. “Volvemos a sachar nas leiras e a dar de comer ás galiñas”, explicaba onte o director do Festival de Cine do lugar, Alfonso Pato. Unhas 72 horas atrás, Cans vivía a súa “apoteose” ao rexistrar máis de 12.000 visitantes no seu evento cultural, a cifra máis alta conseguida na súa historia de dez anos.
Pato recoñece que agora toca un periodo de “reflexión”, ademais de facer contas de canto ingresou un Festival que esgotou as 900 entradas que puxo á venda para as proxeccións dos curtos a concurso do sábado pola tarde e de mañá.
O director recoñecía que non se imaxinaba este resultado e participación de público que por primeira vez puido ver os curtos a concurso o sábado pola mañá. Respecto de unha maior oferta de actividades matutinas, indicou que hai que crear “hábito”, á vez que prometeu tomar nota de erros ou fallos para realizar axustes para a próxima edición.
Respecto de as posibilidades de crecemento, apuntou que a afluencia de xente na xornada do sábado tocou teito polo que a partir de agora traballarán por incrementar a asistencia noutros días.
“Sabemos que o sábado é o día grande pero parece que a música se come esta xornada”, en alusión á ingente cantidade de persoas que acode para gozar dos concertos da tarde, noite, sesión de Dj ou os máis pequenos no jaliñeiro, que este ano se quedou enano para acoller a tantos curiosos que acudiron especialmente por Fon Román e Cristina Pato. Por iso, a expensas de realizar un balance, na cabeza do director xa figura seguir potenciando as seccións paralelas e as visitas dos escolares durante a semana de mañá.
En canto á súa contribución para levantar ao audiovisual galego, Alfonso Pato sinalou que “o Festival descubriu unha nova xeración de cineastas que andan polo mundo adiante, con moi boa preparación”, en alusión a algúns dos realizadores premiados por público, xurado ou veciños.
Pato recoñeceu que “meses atrás pensaba que non ía saír adiante. Foron meses duros para a aldea por cuestións anímicas” (en relación ás defuncións de varios veciños). Ao seu xuízo, non só saíu redondo polos veciños e os visitantes, senón tamén por patrocinadores que ata cociñaron a tarta do décimo aniversario no caso da Torta. O director tamén tivo palabras especiais para Juanma Baixo Ulloa polo seu coloquio “incrible” no que, entre outras cousas, anunciou que Tony Lomba actuará no seu próximo filme.
Para rematar, o Festival ofrece hoxe a posibilidade de ver os curtos ganadores no Bar Liceum de O Porriño, ás 22.00 horas.
Fonte: Faro de Vigo