A Asociación Cultural Manicómicos celebrará o 4 de xaneiro a súa gala anual
Un grupo de investigación da universidade estadounidense de Cincinnati presentasen o 4 de xaneiro a súa máquina do tempo Deloria número catro na que participou “un equipo técnico especializado”. Logo de varias probas de ensaio está xa sintonizada e sen risco de explosión. Podería tratarse dun experimento científico pero neste caso está relacionado coa ciencia do humor que será a protagonista da da gala que celebra cada ano a Asociación Cultural Manicómicos que xa vai pola súa novena edición.
Nove tamén son os anos que cumpre a organización que soprará as velas sobre o escenario do Teatro Rosalía nesta particular máquina do tempo o 4 de xaneiro ás 19.00 horas. Manicómicos solicitan a participación do público neste espectáculo e invitan aos asistentes que vaian disfrazados de científicos tolos ou personaxes relacionados co mundo da ciencia.
A máquina do tempo que aterrará no Rosalía viaxará a épocas do pasado e do futuro. Dela sairán artistas de todos os tempos -desde cómicos e ventrílocuos ata acróbatas e malabaristas- que presentarán números do circo contemporáneo. Tres científicos tolos e á vez músicos da orquesta Vos Ambientadores amenizarán a velada con instrumentos musicais pouco convencionais como iPhones ou iPads.
Os organizadores destacan que o obxectivo é ofrecer un espectáculo “orixinal” para toda a familia e que gocen de “un oasis de fantasía no medio do deserto deste século XXI”. Con este evento anual a asociación cultural tamén pretende recaudar fondos para financiar as súas actividades como os festivales de teatro cómico nos que participan figuras internacionais ou os cursos que imparten para os futuros cómicos que logo nalgúns casos crean as súas propias compañías.
Os interesados en empezar o ano de bo humor poden comprar xa as súas entradas no kiosko da praza de Ourense e en Servinova por oito euros ou adquirir o bono familiar que custa 18 euros.
Fonte: La Opinión