A Burra Ramona xa ten camiseta propia
O día 22, para celebrar o día da Narración Oral, Paula Carballeira narrará con detalle a historia deste burriña na Libraría Biblos de Betanzos, aínda que cuns días de retraso pois Ramona está cansa.
A creadora da Burra e contadora de historias Paula Carballeira andivo a presentala e contou como lle xurdiu a idea desta historia; por outra banda, Xosé Tomás deulle un aspecto físico que recreou nos seus debuxos e na camiseta.
A presentación oficial de A Burra Ramona celebrouse na tenda Nikis de Santiago.
Aquí queda un adianto da súa historia: A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei. En Biblos a historia completa e libros asinados e debuxados polos creadores.