A cultura italiana na Feira do Libro de Madrid
A Feira do Libro de Madrid está facendo posible achegarse á cultura clásica e contemporánea de Italia mediante unha chea de de actividades culturais organizadas por entidades e institucións italianas e españolas e que ofrecen un percorrido polas obras e temas máis candentes e actuais dese país.
Inaugura o programa o escritor e ensaista Claudio Magris. Tamén participarán escritores representativos das últimas tendencias literarias, segundo a información facilitada pola organización feiral, como o grupo que promove a nova novela italiana de xénero épico, o colectivo Wu Ming, os mestres do giallo ( policíaco italiano) e as poetisas que están a renovar a linguaxe poética en Italia.
O programa tamén ofrece a oportunidade de volver a ler aos autores do Novecento italiano, como Luigi Pirandello, Italo Calvino, Leonardo Sciascia, ademais de celebrar o centenario do nacemento de Elsa Morante. No Pavillón Infantil e Xuvenil haberá un espazo para a producción editorial italiana onde se poderán coñecer autores- as e obras para os lectores máis novos.
A Embaixada de Italia en España e o Instituto Italiano de Cultura de Madrid participarán na organización do programa de encontros a nivel político e cultural.
Fonte: AGE