A SGAE destitúe a Fasero, o seu delegado da zona noroeste
O pasado venres 10 de maio Juan Carlos Fasero (Arnoia-Ourense, 1969) recibiu unha carta na que se lle notificaba a súa destitución como delegado da zona noroeste (Galicia, Asturias e Cantabria) da Sociedade Xeral de Autores (SGAE). Así o afirman hoxe La Voz de Galicia e El País que non especifican as causas esgrimidas para a extinción do contrato. En todo caso, o despedimento está en mans do seu avogado que iniciará a tramitación ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC). Fasero incorporouse á SGAE o pasado novembro, tras cesar como director xerente de Agadic.
Fonte: Culturagalega